A XUNTA DO REINO DE GALICIA NO FINAL DO ANTIGO REXIME (1775-1834)
Podemos afirmar que a Xunta do Reino de Galicia é unha das institucións máis descoñecidas e mesmo esquecidas do noso Antigo Réxime. Esta Asamblea estaba constituida por sete deputados, rexedores dos concellos das antigas capitais de provincia, que se reunían baixo a presidencia do gobernador con obxecto de servir ó Rei e ó Reino. Esta breve definición recolle a importancia da Xunta, importancia sostida, tamén, pola súa longa traxectoria (desde o século XVI ata 1834). Sen embargo, pouco se profundizou na súa historia.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.