Este libro divídese en catro partes. Nunha primeira, titulada A unidade do relixioso, trátase de poñer de relevo os trazos esenciais en que coinciden as diversas relixións, así como de situalas no conxunto da cultura fronte a outras manifestacións como a ciencia ou a filosofía. Na segunda parte, A diversidade do relixioso, faise un percorrido por algunhas das principias relixións do mundo de modo que poida albiscarse o colorido e a variedade que alberga o mundo das relixións. Na terceira parte, O pensamento occidental e a relixión, faise un percorrido polos diversos posicionamentos (teísmo, ateísmo, fideísmo, deísmo, agnosticismo, panteísmo...) que en torno á cuestión relixiosa foron xurdindo na tradición occidental de pensamento na que como cultura nos encadramos. Finalmente, nunha cuarta parte, Temas de actualidade, bótase unha ollada a algúns dos temas en torno á relixión especialmente vixentes na nosa época.