Un conto inspirado nas antigas ensinanzas hindús para reflexionar epara sabelo todo sobre os tigres de Bengala.Un vello erudito que vive rodeado de libros nos que aprendeu todo oque sabe do mundo decide investigar o único animal do que non tencoñecemento ningún: o tigre de Bengala. Tras mergullarse nunha extensa lectura de todas as guías dedicadas a estas criaturas, embárcasenunha expedición científica cara á India e, en compañía dun guíalocal, intérnase na selva para encontrar un exemplar de Pantheratigris. Avanza entre a maleza interpretando pegadas e sinais eimpoñendo o seu coñecemento lido nos libros ás advertencias do seuacompañante, que coñece a selva como a palma da man. É suficiente todo ese coñecemento teórico para ser un verdadeiro especialista Noencontro cara a cara coa besta descubrirá a resposta.Este álbum con estrutura narrativa de conto, inspirado nas ensinanzasdo mestre bengalí contemporáneo Swami Prajnanpad, fálanos do valor daexperiencia como fonte de coñecemento. Faino a través dun relato quedestila unha fina ironía e un gran sentido do humor, ao mesmo tempoque informa con gran rigor sobre os tigres de Bengala. As ilustracións combinan láminas de carácter científico en branco e negro ao estilodos gravados de época decimonónica con outras nas que se van revelando lentamente as cores da xungla: as follas verdes, ocres, marróns efinalmente un tigre laranxa tan impactante como a impresión que ten oprotagonista no seu encontro co felino.