O verbo na variedade galega do concello de Castrelo do Val
Peter Lang AGSivumäärä: 156 sivuaAsu: Kovakantinen kirjaJulkaisuvuosi: 2024, 27.09.2024 (lisätietoa)Kieli: Englanti Neste libro faise unha caracterización do verbo, xustifícanse as análises morfolóxicas do paradigma regular, dos verbos de irregularidade común e dos verbos de irregularidade propia na variedade galega do concello de Castrelo do Val (provincia de Ourense). O traballo baséase no galego oral dos falantes con pouca instrución escolar e emprega o camiño, propio da dialectoloxía tradicional, consistente en enquisas e gravacións. O galego é unha lingua fusionante con expresión fusionada das distintas categorías na mesma palabra. Deféndese que algúns verbos anómalos son atemáticos, descríbense con detalle e analízanse morfoloxicamente os verbos irregulares propiamente ditos, e tamén se explican moitos cambios lingüísticos que se están producindo no sistema verbal da fala estudada.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 3-4 viikossa