Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta. Dende hai uns meses Crispín leva cavilado dabondo na identidade de Gloria;. primeiro pensaba que se trataba da neta de Eleanora, polo xeito de falar con ela, pero axiña muda de opinión e ocorréuselle pensar que se refería a unha mascota. ¿Quen será Gloria en realidade?. A encontadora de An Alfaya aborda un tema pouco tratado na literatura infantil galega, unha historia de amor entre persoas maiosres, onde asoman uns personaxes que recenden a nube de azucre de feira, ateigada de sentimentos tenros, alleos ás barreiras de idade.
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. |
Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.