NESTE PEQUENO LIBRO RESÚMESE A BIOGRAFÍA DE DEZAOITO CELEIRENSES QUE QUIXERON COLABORAR A GUSTO COMIGO. TODOS ELES VECIÑOS E/OU AMIGOS MEUS. E COMO ME DIXO O CHILINDRÍN RESIDENTE NOS EEUU DE AMÉRICA, JESSE DEL RÍO: GRAZAS POR GARDAR AS MEMORIAS VIVAS.CELEIRENSE VEN A SER O XENTILICIO DE CELEIRO, AÍNDA QUE TAMÉN NOS COÑECEN COMO CHILINDRÍS.DIN QUE HAI MOITOS ANOS, CANDO CELEIRO AÍNDA NON TIÑA PEIRAOS ONDE ATRACAR OS BARCOS, CANDO VIÑAN OS INGLESES FONDEABAN ENFRONTE Á PRAIA E CHAMABANOS EN INGLÉS PARA QUE LLES FORAN A CARREXAR DESDE OS BARCOS Á PRAIA E DESDE A PRAIA AOS BARCOS, MARIÑEIROS E VITUALLAS:-CHILDREN, CHILDREN!CO TEMPO, A PALABRA CHILDREN FOISE ESCANGALLANDO E CONVERTINDO EN CHILINDRÍS.CELEIRO VEN A SER UNHA PARROQUIA DE VIVEIRO, E UN DOS MÁIS IMPORTANTES PORTOS PESQUEIROS DO CANTÁBRICO. CONTA TAMÉN CON UN NÚCLEO DE POBOACIÓN A CARÓN DO NÚCLEO DE VIVEIRO, CO QUE ESTÁ PRÁCTICAMENTE UNIDO DESPOIS DO CRECEMENTO URBANÍSTICO DOS ÚLTIMOS ANOS.