Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condenae quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer ascircunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea,descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser. Der Goaliebin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010. Escrita no alemán bernésfalado na Alta Argovia, é unha historia sobre a memoria, o amor e atraizón que tivo unha enorme resonancia e xa se considera a obra endialecto máis coñecida de todos os tempos. Gañou o Premio deLiteratura do Cantón de Berna e mais o Premio Schiller de Literaturada Suíza Alemá. Traduciuse ao italiano, ao alemán estándar, aodialecto inglés de Glasgow, ao lituano, ao letón, ao francés, aohúngaro, ao neerlandés, ao ruso e ao ucraíno. De porteiro xoguei eu, a versión galega, é probabelmente o primeiro caso dunha obra dialectalda Suíza alemánica traducida a unha lingua da Península Ibérica. Anovela foi levada ao cine por Sabine Boss, estreouse en 2014, atraeuunha gran cantidade de público, foi galardoada no Premio do CinemaSuízo e recibiu os premios de cinema de Zürich, de Berna e da CríticaCinematográfica Suíza, así como o Premio Walo.