Luis Alvarez Pousa Laiovento, S.l. (2023) Pehmeäkantinen kirja 39,50 € |
|
Medios e políticos baixo sospeita (1990-2023) A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra oque nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos quedominan o espazo da información pública, como é o caso de Google,Facebook, Amazon ou Twitter, fan circular ininterrompidamenteinformación como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que ospoderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa novaorde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami, os medios tradicionais e o xornalismo son aotempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- ecómplices -réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse porinterpretar o mundo.O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso deprogresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos últimos 32 anos a súabagaxe contextual. O autor, no seu novo libro, establece de mododefinitivo, cun catálogo abafador de feitos, datos e exemplos, a proba por ADN de que a relación dos medios e os políticos é tóxica. Ignacio RamonetA farturenta manchea de textos recollidos neste volume son a testemuña viva e a irrebatíbel proba da insubornábel afouteza e diáfana visiónde Luís Álvarez Pousa no exercicio do labor dun xornalista auténticona sociedade na que lle cadrou vivir: o do xornalismo de combatedemocrático. Xosé Manuel Beiras
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa. | Tilaa jouluksi viimeistään 27.11.2024. Tuote ei välttämättä ehdi jouluksi.
|