SULJE VALIKKO

avaa valikko

HERMINIO POSE NIETO | Akateeminen Kirjakauppa

GUIA DOS CURROS DE GALICIA

GUIA DOS CURROS DE GALICIA
HERMINIO POSE NIETO
XERAIS DE GALICIA (2003)
Pehmeäkantinen kirja
35,30
Tuotetta lisätty
ostoskoriin kpl
Siirry koriin
GUIA DOS CURROS DE GALICIA
35,30 €
XERAIS DE GALICIA
Sivumäärä: 184 sivua
Asu: Pehmeäkantinen kirja
Julkaisuvuosi: 2003, 17.06.2003 (lisätietoa)
Kieli: Espanja
"Guía dos curros de Galicia", é a primeira obra bibliográfica destinada a dar a coñecer e divulgar o fenómeno dos curros, un dos acontecementos sociais máis definitorios da nosa tradición. Preparada por dous especialistas, o veterinario Herminio Pose Nieto e o fotógrafo Eduardo Castro, iníciase cun breve percorrido histórico sobre a tradición da cría de cabalos ceibes en Galicia, para logo introducirnos integramente no suceder dos curros. Analízase a historia e orixe do Cabalo de Pura Raza Galega, esquecido durante moitísimos anos e que actualmente se atopa en perigo de extinción. Ofrécense algúns consellos prácticos á hora de visitar os curros. Descríbense os vinteún curros, presentados por provincias, que se celebran ao longo do ano en Galicia. Para cada curro ou rapa detállase o seu calendario e horarios, a súa situación xeográfica, os accesos, os servicios que nos podemos atopar, a historia do curro, o tipo de construcción e o desenvolvemento das tarefas durante a súa celebración. Unha detallada información textual, acompañada de mapas e fotografías sobre a ubicación e o desenvolvemento da rapa. A presente guía categoriza e puntúa cada un dos curros de Galicia en función dos seguintes criterios: a tradición histórica da cría de calos en liberdade na zona de celebración do curro, o manexo dos animais, a non inclusión doutras actividades complementarias ao curro para darlle atractivo turístico, o respecto aos animais e a ausencia de violencia e malos tratos, as instalacións do curro (historia, forma, materiais, reformas, etc.), o emprego de cabalos do país nas prácticas habituais de manexo do gando e a presencia de Cabalos de Pura Raza Galega inscritos entre os acurrados. É, pois, unha completísima e única guía que, mesturando información práctica e turística, pretende destacar tamén as raigames socioculturais destes acontecementos, ademais dos costumes de manexo do gando cabalar nas distintas comarcas e as diferentes tipoloxías das construccións dos curros.

Tuotetta lisätty
ostoskoriin kpl
Siirry koriin
LISÄÄ OSTOSKORIIN
Tilaustuote | Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 1-3 viikossa.
Myymäläsaatavuus
Helsinki
Tapiola
Turku
Tampere
GUIA DOS CURROS DE GALICIA
Näytä kaikki tuotetiedot
ISBN:
9788497820097
Sisäänkirjautuminen
Kirjaudu sisään
Rekisteröityminen
Oma tili
Omat tiedot
Omat tilaukset
Omat laskut
Lisätietoja
Asiakaspalvelu
Tietoa verkkokaupasta
Toimitusehdot
Tietosuojaseloste