As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, aatención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días dasemana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas habíaestradas, e para chegar á casa de moitos doentescumpría ir por corredoiras enlamadas. Casas ás que, en moitasocasións, aínda non chegara a luz eléctrica. O cabalo, a moto e outilitario foron marcando no tempo o progreso dos médicos e odesenvolvemento das zonas.Atendían partos, fracturas, enfermidades comúns e todos os problemasde saúde que lles afectasen aos seus pacientes, pois trasladalos ácidade era moi complicado e moitos tampouco dispoñían de recursoseconómicos para facerlles fronte. Os médicos rurais de entón foronprofesionais que exerceron a medicina cunha entrega absoluta, suplindo as carencias técnicas cun enxeño e unha pericia practicamenteinfinitos.Auténticos heroes silenciosos, como foron chamados, que atendían osseus pacientes cun trato familiar moi humanitario, en ocasións sencobrarlles, incluso dándolles de comer ou mesmo cartos para comprar as medicinas a aqueles máis necesitados,nunha época de grandes carencias e pobreza. Eran persoas da totalconfianza dos seus pacientes, auténticos confesores, conselleiros egardiáns de segredos.Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longoperíodo de máis de corenta anos, que abarca desde mediada a década dos cincuenta ata 1995, en que se produciu a súa xubilación. No desempeño da profesión é recoñecidocomo «un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante asegunda metade do pasado século», cun importante «labor de liderado da clase sanitaria da zona» (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todosegue a ser lembrado como un home de ben, próximo e humilde, de fáciltrato, accesible a calquera independentemente da súa procedencia oucondición, con innumerables e apreciados amigos alá por onde foi.Dotado dunha grande intelixencia, fina ironía e simpatía pormilleiros, fixo gozar coas súas historias a todos aqueles que ascompartían con el. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da súavida e das súas andanzas polos lugares, aldeas e vilas da vella eincomparable Costa da Morte.