O RUMOR DO DISTANTE. A ESCRITA DA TERRA. As humildes trazas doscamiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia daGaliza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte daEuropa. Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión domundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polasimaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escritoparalelamente aos traballos do autor na protección do patrimoniocultural galego. Coa delimitación das súas trazas, o poeta inicia asúa escrita, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou anatureza, nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que significan é son o noso ADN, eque neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en LinguaGalega, foron habitados da poesía. Ao ollar cara atrás vemos oscamiños submersos na banalización do seu significado cultural.Hoxe,ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silenteextenuación que destrúe o noso patrimonio cultural. Se permitimosa deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade. Este proceso invisible de aculturación, alén doespolio económico, fainos parte dun proceso de destrución dopatrimonio natural, con minas que arrincan a dourada entraña,envelenando as augas até nos converter nunha estéril terra morta.